Comeza un curso cheo de lecturas compartidas co programa Lecxit
Este curso suporá a terceira andaina do programa Lecxit en Galicia. O obxectivo é promover o éxito escolar de nenos e nenas con dificultades académicas que cursan 4º, 5º e 6º de educación primaria a través da promoción da lectura, cun acompañamento personalizado.
Desenvólvese a través de sesións de lectura de unha hora semanal mediante unha mentoría de 1 a 1 (1 alumno ou alumna e 1 persona voluntaria) favorecendo un espazo de confianza e vinculación motivadora.
No pasado ano académico participaron neste programa 114 nenos e nenas e 107 persoas voluntarias en 13 centros educativos de Galicia.
Neste curso precisamos máis persoas voluntarias para poder apoiar a un volume maior de alumnado.
Se che interesa participar coma persoa voluntaria podes atopar máis información aquí ou dirixirte ao noso equipo escribindo a: lecxit@meninos.org