V Edicion do TrezeLuzes Evento Solidario

|
Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é 378796809_1079669399857230_701806824899836436_n_P-1024x762.jpg
O evento solidario Treze Luzes, iniciativa de Disashop (membro do noso padroado), consegue recadar este ano un total de 217.620 euros para os nosos proxectos en Fundacion Meniños.

A celebración deste ano tivo lugar o pasado xoves 14 de setembro, unha vez máis na Finca Montesqueiro (Oleiros), coa asistencia de persoas e empresas que se implicaron de xeito solidario para facer posible a gala Treze Luzes.

A gala foi conducida por María Mera e Isabel Gemio. O resto dos 13 embaixadores desta edición foron Abraham Cupeiro (músico), Carlo Banco (actor), Cayetano Lledo (ilustrador e mago), David Perdomo (actor), Fernando Alonso (piloto de automobilismo), Fernando Romay (deportista), Marina Castaño (xornalista e escritora), Sergio Pazos (actor), Susana Seivane (gaiteira), Teresa Abelleira (futbolista) e Xosé Touriñán (actor).

Despois da poxa solidaria os asistentes desfrutaron dun “showcooking” ofrecido por 13 destacados chefs de Galicia, ademais das actuacións musicais e de comedia do Grupo Fua, Susana Seivane, Abraham Cupeiro, David Perdoma e Xosé Touriñán, Carlos Blanco e Oswaldo Digón, Morediscos DJ e a empresa profesional de eventos Ayman Prosound. 

Grazas ás aportacións realizadas a través das diferentes formas de colaboración recaudáronse un total de 217.620 euros para os nosos proxectos.

Máis información na web e redes sociais do evento, http://www.trezeluzes.es e nas nosas RRSS.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *