Remata a fase de intervención do proxecto FAIN – Familia e Infancia
Fundación Meniños desenvolve en Pontevedra o proxecto FAIN, o cal está a disposición de familias con fillas e fillos menores de idade e que no momento da entrada no proxecto eran beneficiarias do IMV ou da RISGA.
Tras rematar este tramo da intervención, continúase coa fase de estudio do proxecto FAIN (proxecto piloto de abordaxe da pobreza infantil) e queremos facer balance dos bos resultados acadados. Un proxecto no que estamos felices de poder contar como beneficiarias con 66 familias, 65 nenos e 44 nenas.
O proxecto está dividido en 3 áreas de Intervención que integran á súa vez unha pluralidade de servizos. A tipoloxía destes servizos é por unha banda: sesións individuais en diferentes materias, accións grupais de diferente temática e por outra: axudas económicas orientadas a cubrir unha serie de carencias nas familias.
– Área de apoio Social: servizos de grupo de formación de saúde, orientación individual de saúde, axudas para gasto sanitario, grupo de formación vivenda, individual vivenda, axuda aluguer, reparación vivenda, axuda subministros, formación en competencias dixitais, axudas en conectividade, formación en parentalidade e participación comunitaria.
– Área de apoio Educativo: servizos de sesións de apoio individualizado, grupos de educación non formal, axudas para material escolar e axudas para actividades de educación non formal.
– Área de apoio á Inclusión Activa: servizos de formación en competencias básicas e profesionais, orientación laboral individualizada e axudas para a conciliación.
A continuación adxuntamos 2 cartas de unhas participantes neste proxecto. Recibimos con moito agarimo o agradecemento que expresan ao FAIN polo acompañamento recibido describindo a súa experiencia. E pola nosa parte, queremos agradecer a súa participación e colaboración porque sen ela non tería sido posible todo isto.