Novo curso no Colexio do Benquerer
Un ano máis abrimos as portas do noso “Colexio do Benquerer” para todo o alumnado galego de 5º e 6º de Primaria. No mesmo atoparedes xogos, vídeos e actividades para coñecerse mellor, definir os límites persoais, aprender de diversidade sexual e facer una análise crítica de temas como os roles e estereotipos de xénero, entre moitos outros temas.
Neste colexio traballamos a educación afectiva sexual dende un enfoque integral, tendo en conta cinco áreas de traballo:
- Coñecemento e aceptación persoal
- Diversidade
- Comunicación e educación emocional
- Prevención do abuso sexual infantil
- Análise social
O ano pasado participaron neste proxecto 2.085 nenos e nenas en 51 centros educativos, e este ano dámoslle continuidade a esta temática con dúas actividades novas sobre bullying e resolución de conflitos. Queredes coñecer máis sobre este proxecto? Podedes consultar a súa páxina aquí.