O Día da Muller, explicado para nenos e nenas

| |
Día de la Mujer para niños y niñas

O Día Internacional da Muller é un día cargado de significado en todo o mundo. Máis que unha simple celebración, o 8 de marzo é unha data para poñer en valor a loita das mulleres na búsqueda da igualdade de xénero. Tamén para revindicar a necesidade de seguir remando a favor dun mundo máis xusto e equitativo. E aquí as xeracións futuras teñen un papel fundamental.

Educar aos nosos nenos e nenas en valores de equidade e respecto cara todas as persoas, independentemente do seu xénero, pode parecer complicado, especialmente a idades temperás.

Este 8 de marzo, poñemonos no lugar da infancia para ver o Día Mundial da Muller cos seus ollos e resolver todas as dúbidas e inquietudes que lles poidan xurdir.

Como explicar a historia deste Día Internacional á infancia

Los orígenes del Día Internacional de la Mujer

Dicíamos ao comezo deste post que o Día Internacional da Muller é un recordatorio da loita histórica das mulleres pola igualdade de dereitos. Que os nenos e nenas coñezan máis sobre a orixe desta data destacada achanzará o camiño para desbotar calquera estereotipo de xénero.

Orixe do Día da Muller

O Día Internacional da Muller remóntase ao século XIX, cando as mulleres comezaron a alzar a súa voz para esixir igualdade de dereitos, mellores condicións laborais e o dereito ao voto. Celébrase o 8 de marzo con motivo da primeira manifestación feminina, o 8 de marzo de 1857. Ese día, traballadoras da industria textil de Nova York organizaron unha folga para pedir salarios e horarios iguais aos dos seus compañeiros homes. Se lles explicamos esta anécdota como se fora un conto, utilizando palabras sinxelas e exemplos que lles resulten familiares, entenderán rápidamente a orixe desta data sinalada.

Valores de igualdade e respecto

É fundamental transmitir aos nenos e nenas a importancia de respectar e valorar a todas as persoas por igual, sen importar o seu xénero. Debemos ensinarlles que todas as persoas merecen ter os mesmos dereitos e oportunidades, e que a diversidade enriquece a nosa sociedade.

Mulleres inspiradoras

As historias de mulleres inspiradoras que contribuíron ao progreso e a igualdade en ámbitos como a ciencia, a arte, a política e os dereitos humanos poden ser moi inspiradoras para os máis pequenos. É crucial que conten con referentes de mulleres valentes que superaron atrancos e deixaron a súa pegada positiva no mundo.

Preguntas habituais na infancia sobre o Día da Muller

Preguntas de la infancia sobre el 8M

A idades temperás, é normal que a curiosidade leve a facer moitas preguntas. E é importante responder a elas de maneira clara e axeitada, fomentando a reflexión e o diálogo sobre a igualdade de xénero. Aquí algunhas das dúbidas que adoitan xurdirlle ás nenas e nenos este día e como darlles resposta.

Por que celebramos o Día da Muller?

O Día da Muller celébrase para lembrar que as mulleres loitaron moito tempo por ter os mesmos dereitos que os homes. É un día para pensar como podemos facer que todas as persoas sexan tratadas igual, sen importar se son nenas ou nenos.

Que podemos facer para axudar ás mulleres na súa loita?

Todos e todas podemos contribuír á igualdade de trato: respectando o que pensan e deciden as nenas, cuestionando as ideas que din que as nenas e os nenos deben facer cousas diferentes e asegurándonos de que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades.

As nenas poden facer as mesmas cousas que os nenos?

Claro que sí! É moi importante que as nenas se sintan seguras de sí mesmas, que crean nelas e que persigan os seus soños. Se atopan algunha dificultade porque son nenas, non deben rendirse. Todas as persoas temos dereito a conseguir o que nos propoñamos, sen importar se somos nenas ou nenos.

Que significa empoderamento?

Empoderamento significa que as persoas se sintan fortes e capaces de decidir sobre a súa propia vida. No Día da Muller, empoderar ás mulleres significa que se recoñeza o valiosas que son, que poidan tomar decisións por si mismas e que non existan atrancos que lles impidan medrar e participar na sociedade.

Actividades infantís para o 8 de marzo

Actividades infantiles para el Día de la Mujer

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e facer que a mensaxe cale aínda máis na infancia, unha boa idea é organizar actividades educativas e creativas que fomenten a reflexión e a aprendizaxe sobre a igualdade de xénero. Hai centros educativos que implementan durante todo o ano programas para educar ao seu alumnado en valores como a igualdade, a liberdade e o respecto. É o caso dos colexios participantes no noso proxecto Colexio do Benquerer, dirixido aos últimos cursos de primaria. Con todo, este día é a ocasión perfecta para organizar algunha actividade temática especial como as que che propoñemos a continuación.

Obradoiros creativos

Fomentar xogos e actividades que promovan a cooperación e o traballo en equipo, sen reforzar estereotipos de xénero. Por exemplo, xogos deportivos mixtos ou xogos de roles onde todos os nenos e nenas poidan participar de maneira igualitaria. Isto ensínalles a importancia da inclusióne o respecto cara todas as persoas.

Lecturas e contacontos

Ler contos e libros que destaquen a importancia da igualdade de xénero e o respecto á diversidade. Despois, organizar debates para que compartan as súas opinións e reflexións sobre os temas tratados nas historias. Isto axúdalles a desenvolver habilidades de pensamiento crítico e empatía cara os demáis.

Frases para nenos e nenas no Día da Muller

Para inspirar e motivar aos nenos e nenas no Día Internacional da Muller, outra opción é compartir frases que lles resulten familiares e que resalten a importancia do empoderamiento feminino.

  • “Nunca subestimes o poder dunha nena cun soño” – Inspirada na película “Moana”.
  • “A valentía non ten xénero” – Inspirada na serie “Frozen”.
  • “Ser unha rapaza non che fai menos forte, faiche incrible” – Inspirada na película “Mulán”.
  • “A forza dunha muller está no seu corazón e na súa determinación” – Inspirada na película “A Princesa e o Sapo”.

Non podemos rematar este post sen insistir en que a educación en igualdade de xénero é clave para construír un futuro onde todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e dereitos. Dende Fundación Meniños seguiremos traballando para promover o respecto e a equidade, ferramentas necesarias para que os nosos nenos e nenas sexan, o día de mañá, persoas comprometidas coa construcción dun futuro máis igualitario e prometedor.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *