Fundacion Meniños

Participamos no Encontro Interrexional da Zona Norte do Programa CaixaProinfancia

Este martes 24 de maio participamos no “Encuentro Interredes Asturias, Cantabria y Galicia”, que reuniu a 9 redes que forman parte da zona norte do programa CaixaProinfancia da Fundación “la Caixa”.

Durante este encontro traballamos na mellora da coordinación do Programa na Zona Norte e compartimos as nosas experiencias en cada unha das redes ao tempo que fortalecemos a relación entre nós e co Programa. Ademais, abordamos cuestións relacionadas coa planificación dos servizos e a mellora do acompañamento ás entidades prestadoras de cada rede

Foi unha intensa xornada de traballo onde tamén tratamos os obxectivos deste curso e a avaliación do programa.

Celebramos a primeira reunión presencial trala pandemia, durante a que só nos puidemos conectar virtualmente polo que foi moi grato vernos e traballar xuntas de xeito máis achegado.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.