Entrega dos Certificados de conciliación EFR Galicia

Mónica Permuy, directora de Meniños, recolle o certificado de conciliación EFR

O 28 de marzo acudimos á entrega dos Certificados de conciliación EFR en Galicia. 

Outorgados pola Fundación Más Familia, estes distintivos recoñecen ás entidades galegas que apostan pola conciliación. O evento contou coa presenza da Conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, Antonio Fontenla, vicepresidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)  e o director da Fundación Más Familia Rafael Fuertes.

Agradecemos á Fundación Más Familia este recoñecemento como Empresa Familiarmente Responsable. 

Que é a certificación EFR?

certificación EFR  é un modelo internacional de dirección de persoas que, formando parte da RSE e a Xestión da Excelencia, ocúpase de avanzar e dar respostas en materia de responsabilidade e respecto a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Así mesmo, fomenta o apoio na igualdade de oportunidades e a inclusión.
Esta certificación require do deseño e implantación de procedementos e metodoloxías de traballo, definidos na norma EFR, que permiten a definición dun catálogo de medidas en conciliación, obxectivos e plans de acción, indicadores, ferramentas para o seguimiento e medición o desempeño do modelo, así como accións formativas e de comunicación.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2023/04/02/empresas-gallegas-dado-paso-conciliacion/0003_202304SM2P6991.htm

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *