O noso programa “Ocio Inclusivo y Apoyo Educativo” recibe 15.000€ na gala Inocente Inocente
A Fundación Inocente, Inocente fixo entrega o pasado 9 de abril das súas axudas a proxectos de entidades que loitan contra a exclusión social da infancia en España.
Meniños é unha das 91 entidades beneficiarias este ano, recibindo 15.000 euros para o programa “Ocio Inclusivo e Apoio Educativo Nenos e Nenas en Dificultade Social”. O apoio de Inocente, Inocente contribuirá a garantir a igualdade de oportunidades no acceso a experiencias de ocio educativo e reforzo escolar de 174 persoas de forma directa a través deste programa.
O acto de entrega, celebrado na sede da Fundación Telefónica en Madrid e presentado por Juanma Iturriaga, contou coa presenza da directora da Fundación Inocente, Inocente, Cristina Fernández; a directora da Área de Entretemento de TVE, Toñi Prieto; e a directora xeral da Fundación Telefónica, Carmen Morenés, así como algunhas das entidades receptoras das axudas. Teresa Rodríguez Hervás, directora xeral da Fundación Balia para la Infancia, pronunciou unhas palabras de agradecemento no nome de todas as entidades.