(en)Volve o Nadal, (en)Volve a ilusión en Pontevedra

Nena con Agasallo de Nadal
Imaxe: freepik

Un ano máis presentamos a campaña de Nadal “(en)Volve” que desenvolvemos co Concello de Pontevedra.  O obxectivo desta iniciativa é que ningún neno, nena ou adolescente en situación ou risco de exclusión social de Pontevedra quede sen agasallo de nadal.

Este ano, coma nos anteriores, agárdase contar de novo coa colaboración da cidadanía pontevedresa.

Comézase con antelación, para poder planificar con tempo e facilitar que sexa unha campaña segura para todas as persoas implicadas. Así, ao igual que o ano pasado só se enviarán cartas vía whatsapp para evitar o contacto presencial coas familias ata o momento da entrega dos agasallos (cun importe máximo de 35€).

Dende a organización animamos aos e as cómplices dos Reis Magos que merquen nos comercios da cidade.

No Nadal pasado 443 persoas colaboraron coa campaña participando como cómplices dos Reis Magos e 403 nenas, nenos e adolescentes recibiron un agasallo novo na Noite de Reis.

Este é o formulario para inscribirse na campaña:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf8z3gKWSEINGMW0oq7h6CzQ7y2XDL3B0AB3qrKJn3Y6N4RBw/viewform?usp=share_link

As instrucións para os cómplices son as seguintes:

  • Escolle un agasallo dos tres que figuran na carta.
  • O prezo máximo do regalo para cada nena, neno ou adolescente é de 35€.  O agasallo pode ser dunha marca semellante á especificada na carta.
  • Unha vez mercado o agasallo, entrégao na Casa Azul (Rúa Sor Lucía, nº2. Fundación Meniños) nun prazo máximo de dúas semanas trala recepción da carta.
  • É importante que traias o número da carta xunto co agasallo (non é necesario que indiques o número no paquete).
  • Acompaña o agasallo co ticket por se fose necesario cambialo por estar defectuoso.
  • Non envíes agasallos a través de mensaxería, xa que dese xeito non podemos localizalo e pode quedar sen entregar.
  • Animámoste a mercar o agasallo no comercio local.
  • Se tes dúbidas, podes contactar con nós por whatsapp no 678754933.
  • Precisamos que sexas moi consciente do compromiso que adquires participando na campaña, e agradecémosche que só te inscribas se podes asegurar a túa participación.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *