Recoñecendo o valor do fracaso

| |
imaxe: pixabay.com

Tolerar o fracaso: un gran desafío

Os datos recollidos en diversos estudos confirman que unha das maiores dificultades que atopamos no noso desenvolvemento é a dificultade para sobrelevar o fracaso, considerándoo socialmente como o final dun camiño. Tratando o non acadar os obxectivos como unha valoración global de nós mesmas. 

Este xuízo, que temos tan normalizado no día a día, remata por ser como valoramos tamén a nosa maternidade, a nosa crianza… e así convértese en como as nosas criaturas se miran e valoran a elas mesmas. Isto acaba sendo determinante na súa autoimaxe, na autoestima, na súa resiliencia e tolerancia á frustración. 

O fracaso coma oportunidade

Con todo… Que pasaría si o observásemos como algo positivo? O fracaso non é o final, senon o comezo de algo novo. Cando fracasamos, enfrentámonos a un desafío que nos obriga a saír da nosa zona de confort, a buscar solucións creativas e a adaptarnos aos cambios; Ensínanos o que non funciona, o que podemos mellorar e o que podemos facer diferente; Ábrenos a mente a novas posibilidades e impúlsanos a seguir intentando cousas ata lograr os nosos obxectivos.

Así que cando falamos de fracaso: Trátase do final ou unha parte máis do camiño? Unha oportunidade para continualo e aprender? En realidade, é parte do proceso de vivir e medrar.

Desde o Programa de Atención Perinatal para Nais en Dificultade Social apoiamos e acompañamos cada un deses posibles fracasos, desas crianzas, e apoiamos cada paso para que avancen cara unha mellora integral.

Olladas: a psicóloga María Soto de “Educa Bonito”

Deixámosvos unhas pinceladas moi interesantes da psicóloga María Soto que ben seguro vos gustarán, e que podedes ampliar no seu libro publicado recentemente “Confianza Cien, Expectativa Cero”. Entre as súas moitas interesantes reflexións cuestiónase: “Para educar desde a coherencia necesitas sentir crecemento, necesitas enfrentarte a momentos erróneos e aprender a celebralos. Como vai aprender a túa filla de dous anos a estar nun contexto de supermercado de forma equilibrada se evitas levala porque a primeira que foi tivo unha perrencha? Como van aprender a compartir as infancias, se lles mercamos un xoguete igual a cada un para que non discutan? Como van aprender a ordenar se evitamos calquera situación ou xogo no que se desordene moito, para que non quede todo feito un asco?”, cuestíonase.

Autoestima en la maternidad por la psicóloga María Soto

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *